O Waterpolo Pontevedra acusa a falta de rodaxe na súa primeira competición en 18 meses

Por Redacción
Foi unha longa espera pero ao fin pasou á historia. Despois de 18 meses sen competir, o Club Waterpolo Pontevedra participou a pasada fin de semana nun torneo oficial tras renunciar o curso pasado pola pandemia.
Foi na Copa Galega Absoluta celebrada na piscina Rosario Dueñas de Ourense.
Os pontevedreses desprazáronse a Ourense con dous equipos masculinos, acusando a falta de rodaxe e caendo ambos os dous nos cuartos de final.
O seu equipo B, con xogadores na súa maioría xuvenís, plantou cara ao CW Coruña Rías Altas cedendo por un tenteo de 11-8, mentres que o equipo A mediuse ao que posteriormente sería campión da Copa Galega, o CW Santiago, que apenas lles deu opción cun contundente 10-3.
Ademais na competición feminina o Waterpolo Pontevedra non participou como tal, pero si o fixeron 8 das súas xogadoras como cedidas no CW Pabellón Ourense, en virtude ao acordo de colaboración entre ambas as entidades.
Con elas, o cadro ourensán venceu 9-7 o RCN Vigo xogándose o título contra o CW Santiago, con quen perdeu 3-7.
Relacionadas:
-
Presentación 'máxica' do Waterpolo Pontevedra para a nova tempada
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Triunfo para o Waterpolo Pontevedra no seu reencontro coa Liga Galega
Por Redacción |
-
A "recuperación asombrosa" do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra afronta esta fin de semana a súa primeira competición posterior á pandemia
Por Redacción |
-
Pontevedra e Ourense fusionan os seus equipos sénior de waterpolo feminino
Por Redacción |