Contundente vitoria do Xuven ante o CB Prat (53-81) para estrearse en LEB Plata
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Á segunda chegou o primeiro triunfo do Club Xuventude Conservas de Cambados na Adecco Prata, e fíxoo ao grande.
Os amarelos, tras a boa imaxe mostrada ante o Palma Air Europa no seu debut na categoría, arroiaron o CB Prat, filial do Joventut de Badalona, nun encontro que dominaron de principio a fin (53-81).
O gran traballo defensivo sumado ao acerto de cara a canastra fixo que os de Yago Casal marcasen diferenzas xa no primeiro cuaro (11-22) ante un equipo catalán que conta con boa parte dos xogadores que o pasado curso gañaron a Euroliga Júnior.
A pesar de irse ao descanso cunha renda elevada (27-45) o Xuven non evindenció síntomas de relaxación e seguiu poñendo terra de por medio evitando calquera posibilidade de remontada.
No equipo camabadés, no que anotaron todos os seus xogadores, destacou a achega ofensiva de José Luis Merino con 19 puntos.
CB PRAT (53): Abalde (8), Roger Vilanova (10), Iriarte (2), Nogués (6), Víctor Serrano (9) -cinco inicial- Aboubacar (8), Sergi Costa, Álex Ros (6), Gomila (2), Nikolic (2).
CONSERVAS DE CAMBADOS (81): Orellano (2), Alberto Rodríguez (9), Norman Rey (3), José Luis Merino (19), Taylor García (9) -cinco inicial- Ánder García (11), Vaquero (7), Juan Mato (6), Rafa Wildner (4), Diatta Diop (4), Oubiña (7).
Árbitros: Afonso Castillo e Torres Sánchez.
Parciais: 11-22, 16-23, 14-21, 12-15.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Joan Busquets, en El Prat de Llobregat.