Un loitador Peixe Galego roza a proeza ante o Cáceres (62-67)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A un paso de dar a sorpresa quedou o Marín Peixe Galego ante a visita do poderoso Cáceres Patromonio de la Humanidad (62-67).
O conxunto estremeño, un dos máximos favoritos a finalizar en primeiro lugar e dende esta xornada líder en solitario da Adecco Prata, dominou o partido dende o inicio pero sufriu ante un equipo marinense que mellorou considerablemente a imaxe da pasada semana.
Axudados pola importante achega ofensiva de Lucho Fernández os de Javi Llorente protagonizaron unha notable primeira metade demostrando que non llelo ían poñer doado ao Caceres e chegando ao descanso só tres puntos por debaixo (31-34).
Tras o parón mantívose a igualdade no terceiro cuarto, aínda que os visitantes comezaban a incrementar pouco a pouco a vantaxe ata que no inicio do último e definitivo período poñía a máxima diferenza ao seu favor (46-57).
Nese momento o Peixe Galego tirou de casta e aproveitando varios erros do rival volveuse meter no partido a falta de catro minutos (56-59).
Non obstante, os de Marín non lograron culminar a remontada e a falta de acerto de cara ao aro nos últimos minutos resultou decisiva.
PEIXE GALEGO (62): Manuel Ferreiro (8), Luis González (3), Joseba Aramburu (8), Homs (12), Al Rapier (6) -cinco inicial- Darío Suárez (5), Lucho Fernández (14), Gregorio Adón, Cedric, Dirugeris (6).
CÁCERES PATRIMONIO HUMANIDAD (67): Kelsey Williams (17), José Antonio Marco (6), Garfield Blair (10), Carter (7), Luis Parejo (18) -cinco inicial- Medina, Conejero, Juanma Ruiz (4), Mansour Kasse (5).
Árbitros: Martínez Rodríguez e Blanco Castello.
Parciais: 11-19, 20-15, 15-18, 16-15.
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Raña, Marín.