Manu Fernández convoca a Ismael e recupera a Richi e Luismi para o partido de Betanzos
Por Ramiro Espiño
Non hai escusas nin o técnico do Pontevedra, Manu Fernández, recén ascendido ao primeiro equipo, as quere poñer. As numerosas baixas que acumula o equipo granate non cambian o obxectivo de regresar coa vitoria e os tres puntos do desprazamento a Betanzos: "Para nada tenemos que quejarnos por las bajas. La plantilla nuestra es suficientemente amplia como para no tener que estar excusándonos en ellas. No lo haré hoy y no lo voy a hacer nunca. El equipo está preparado para competir y tiene que salir a por los tres puntos, sin condición alguna".
Fronte ao Betanzos, polo tanto, o Pontevedra buscará unha vitoria que o achegue aos postos altos da táboa. E farao sen especular, sabendo que o rival moi posiblemente lle ceda a iniciativa: "Supongo que harán un partido muy similar al que plantearon ante el Deportivo B. Creo que nos esperarán muy juntitos y serán agresivos a la hora de contraatacar y rápidos arriba. No creo que salgan a tener demasiado el balón y más aún con el condicionante del campo, que si sigue lloviendo estará muy blando".
Os granates realizaron a última sesión de adestramento no campo de Príncipe Felipe, e nela confirmáronse as baixas de Pablo Lede e Santi Domínguez, que nin sequera acudiron ao ensaio, e que moi posiblemente estean apartados do equipo por espazo de varias semanas. O primeiro padece unha rotura fibrilar, mentres que o dianteiro de Bueu será sometido a rehabilitación durante 10 días, como consecuencia dun problema crónico que padece no seu nocello, que lle causa dor ao efectuar esforzos físicos.
Estas dúas baixas únense ás xa esperadas de Caco, Javi Otero, Benja e Fran Fandiño, que traballaron á parte, continuando coa súa recuperación, co que o técnico conta unicamente con 15 homes do primeiro equipo dispoñibles, e iso grazas a que tanto Richi coma Luismi adestraron con normalidade, despois das molestias sufridas durante a semana.
Deste modo, Manu Fernández viuse obrigado a botar man do filial, e se chamou a adestrar a Buba, Kevin e Ismael, finalmente optou por este último para completar a convocatoria, polas razóns que explica o propio técnico: "Teníamos problemas de lesiones, pero conseguimos recuperar a Richi y Luismi, completando con Ismael porque tenemos carencias de hombres en banda, y se trata de un chico en progresión que creo nos puede aportar bastante".
Polo tanto, a lista completa de xogadores convocados intégrana: Edu, Paco, Adrián, Pablo, Yago Vázquez, Miguel, David Feito, Candela, Moreira, David García, Tubo, Ismael, David Pérez, Pablo Carnero, Luismi e Richi.
O partido fronte ao Betanzos, que adestra José Manuel Pose, disputarase o domingo, ás 17:15 horas, no campo municipal García Hermanos, de Betanzos, baixo a dirección arbitral do colexiado Alexandre Mazaira Rodríguez (Ourense).