Duro rival para o Peixe Galego e primeiro desprazamento para o Xuven
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Á terceira xornada chega a Marín o primeiro rival dos considerados grandes da categoría, o Cáceres Patrimonio de la Humanidad (sábado 19:30 horas no pavillón da Raña).
O equipo estremeño, un habitual da liga Adecco Oro e que nos últimos anos loitou por ascender á ACB, intenta reiventarse dende a LEB Prata e recuperar pronto a categoría.
Polo momento o Cáceres comezou a competición con dous triunfos que lle sitúan no coliderado, unha imbatibilidade que intentará romper o Peixe Galego no seu terceiro partido consecutivo como local.
O conxunto marinense buscará a sorpresa co obxectivo de situarse nunha cómoda posición na táboa antes de afrontar o seu primeiro desprazamento.
O CONSERVAS CAMBADOS VIAXA A CATALUÿA
Pola súa banda o Club Xuventude Conservas de Cambados encara o seu segundo partido da liga, despois de descansar na primeira xornada, coa intención de sumar a súa primeira vitoria na cancha do CB Prat, filial do Joventut de liga ACB (Sábado 18:15 horas).
Os amarelos, tras realizar un bo partido ante o Palma Air Europa no Pombal, buscan confirmar as boas sensacións mostradas en pretempada.