A Infanta Elena en Sanxenxo: o Centro Nacional de Vela Adaptada continuará dous anos máis
Por Redacción
O Real Club Náutico de Sanxenxo (RCNS) e a Fundación Mapfre renovaron este xoves o acordo de colaboración para manter aberto o Centro de Vela Adaptada.
Tras un ano de funcionamento, no que se impartiron máis de 1.000 cursos, o centro asegúrase así a súa continuidade por outros dous anos.
Esta escola, da que se beneficiaron nos últimos meses 450 persoas, pretende facer chegar o deporte da vela a persoas con discapacidade psíquica e física facilitando así a súa integración, como recoñeceu o presidente do RCNS Pedro Campos: "estamos muy contentos de poder seguir trabajando para cumplir el objetivo que desde sus inicios busca el Centro Nacional de Vela Adaptada, y que no es otro que promover que personas con algún tipo de discapacidad puedan acercarse al mundo de la vela como cualquier otra".
A actividade do Centro Nacional de Vela Adaptada levou este xoves á Infanta Elena a visitar Sanxenxo, como directora de Proxectos Sociais e Culturais da Fundación Mapfre, onde observou en primeira persoa o traballo que se realiza na escola antes de compartir un xantar de traballo con diversas autoridades.