Margarita Moreira e Noa Casalderrey seguirán un ano máis no Arxil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A confección do primeiro equipo do Arxil segue en marcha. Despois de confirmar a renovación de María Lago, Carla Fernández, Cristina Díaz Pache e Forster, o cadro pontevedrés oficializa agora a continuidade de Margarita Moreira e Noa Casalderrey.
A primeira chegou ao conxunto verde para formar parte do filial, pero aos poucos foise gañando un sitio no primeiro equipo ata o punto de asinar unha media de quince minutos por partido cunha media anotar de 4 puntos e 2 rebotes. Ademais, Moreira compaxina a súa participación no primeiro equipo co seu traballo de adestradora de base arxilista.
Outra que seguirá un ano máis no Arxil é Noa Casalderrey, aínda que a á pivot seguirá tendo ficha co filial de Primeira Nacional.
Informan desde o club que o primeiro equipo regresará aos adestramentos o día 1 de setembro e que están a ultimar os trámites para anunciar as primeiras fichaxes de xogadoras estranxeiras.