Vitoria en Carballiño (2-4) e pleno para un Leis colíder
Por Redacción
Tres de tres para o Leis Pontevedra, que se mantén no coliderado da Terceira División xunto ao Betanzos.
O bloque lerezano derrotou a domicilio ao Carballiño (2-4) grazas aos goles de Raúl Jiménez en dúas ocasións, Sergio Martínez e Noel.
A pesar da claridade do resultado, os de Manu Cossío tiveron que suar do lindo despois de arrancar duditativos o encontro.
Non foi ata a segunda metade cando o Leis comenzou a dominar e desnivelou o marcador ante un Carballiño que contaba cunha rotación moi curta de efectivos.
A próxima xornada os pontevedreses recibirán no Municipal ao Pazos de Borbén.
CARBALLIÿO FS (2): Alejandro, David, Edu, Aitor, Guerra, Raúl, Javier.
LEIS PONTEVEDRA (4): Márquez, Carlos Abadín, Gustavo, Martín Fernández, Sergio Martínez, Sergio García, Pablo Durán, Raúl Jiménez, Barcala, Miguel López, Cabaleiro, Noel Gómez.
Árbitros: Luis Andrés Vazquez e Miguel Angel Crestejo. Amoestaron aos locais Guerra e David e aos visitantes Pablo Durán e Martín.
Goles: 0-1 Sergio Martinez, min.14; 1-1 Edu, min.18; 1-2 Raúl Jiménez, min.25; 1-3 Pocho, min.28; 2-3 David, min.36; 2-4 Raúl Jiménez, min.37.