Debut con empate para o Leis feminino ante o Tres Cantos (2-2)
Por Redacción
A falta de puntaría das xogadoras do Leis Pontevedra non permitiu ao equipo adestrado por Jacobo Estors estrear con vitoria a nova tempada.
As pontevedresas, tras descansar na primeira xornada, lograron ante o Tres Cantos un empate (2-2) traballado pero que deixa unha sensación agridoce no Leis.
O partido, disputado no Pavillón Municipal, empezou cun temperán gol de Mónica para o conxunto madrileño, obrigando a remontar ás locais.
Lograron empatar grazas a Raquel e tras adiantarse de novo o Tres Cantos as lerezanas non desesperaron para rabuñar polo menos un punto do Municipal.
A próxima xornada o Leis visitará a cancha do Chiloeches, terceiro clasificado con catro puntos no seu haber.
LEIS PONTEVEDRA (2): Nerea, Adriana, María, Nati, Gema -cinco inicial- Paola, Raquel, Carmen, Nair, Tamara.
UNIÿN TRES CANTOS (2): Noelia, Bea, Mari Paz, Mónica, Marta -cinco inicial- María, Elena, Bárbara.
Árbitros: García Rodríguez e García González.
Goles: 0-1 Mónica, min.1; 1-1 Raquel, min.14; 1-2 Marta, min.27; 2-2 Mari Paz (p.p.), min.33.
Inicidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.