Suma e segue do Villalonga que gaña en Aldán ao Rápido Bahía (1-3) e mantense invicto
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tivo que sufrir o Villalonga para dobregar en Aldán un correúdo Rápido de Bahía. Os de Julián Ferreiro adiantáronse na primeira parte, pasada a media hora, cun gol de Juanito, pero deberon esperar ata a segunda, cando o cadro local comezou a acusar o esforzo, para consolidar un triunfo que lles permite manterse imbatidos en liga, e achegarse máis ao liderado.
Jorge Fernández sería protagonista da xogada do primeiro gol, cun gran pase que non desaproveitou Juanito para facer o 1-0, e o mesmo Jorge Fernández foi o autor do gol da tranquilidade, ao marcar o segundo no minuto 55, culminando unha xogada iniciada por el mesmo ao roubar un balón na zona ancha do terreo.
Antonio asinaría a sentenza oito minutos máis tarde, aproveitando un excelente contraataque. Cando o partido agonizaba os locais, que xa xogaban en inferioridade por expulsión de Colmenero, encontraron a recompensa á súa ambición, reducindo diferenzas a través dun penalti de Gabi sobre Stefan, que significou tamén a expulsión do xogador visitante, e que transformou o mesmo Stefan.
RÁPIDO BAHÍA (1): Marcos; Adrián, Félix, Colmenero, Pasu (Brais, min. 83), Stefan, Guerra, Rober, Rubén Barreiro (Eric, min. 57), Dieguito (Isi, min. 70) e Adri (Lino, min. 70).
VILLALONGA F.C. (3): Albor; Saúl, Arias, Adrián Santos, Leo, Cuqui, Antonio (Gabi, min. 73), Rego (Cristóbal, min. 60), Juanito (Héctor, min. 65), Ramón e Jorge Fernández (Martín, min. 83).
Árbitro: Ferrol Muñiz (Santiago). Expulsou a Colmenero con vermello directo (minuto 82) e Gabi por dobre amoestación (minuto 88). Amoestou a Stefan, Dieguito e Cristóbal.
Goles: (0-1) Minuto 34: Juanito. (0-2) Minuto 55: Jorge Fernández. (0-3) Minuto 63: Antonio. (1-3) Minuto 88: Stefan, de penalti.
Incidencias: Campo de San Amaro (Aldán). Uns 350 espectadores.