Goleada terapéutica do Portonovo ante o Caselas (5-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Portonovo deixou atrás as súas dúas últimas derrotas do mellor xeito posible, cunha goleada ante o Caselas (5-0) que devolve a confianza aos arlequinados.
Baltar foi escenario dun partido cómodo para os de Ricardo Fernández, que sentenciaron xa na primeira metade con tres goles, obra de Silva, Melchor e Nacho.
Con todo decidida de novo Silva e Luis Alberto redondearon unha goleada que dá osíxeno ao Portonovo situándoo en metade de táboa.
PORTONOVO SD (5): Marcos, Iván Renda (César, min.70), Suso Bea, Víctor, ÿscar García (Iván, min.72), Melchor, Suso, Nacho, Suso Vidal (Rodri, min.40), Luis Alberto, Silva (Dopazo, min.72).
CASELAS FC (0): Gabri, Denís, Alberto (Maikel, min.46), Rafa (Berto, min.46), Bugallo (Martín, min.85), José Ángel, Charli, Manu, Cousido (Rafa, min.71), David, Samuel.
Árbitro: García Martín (Santiago). Amoestou aos locais Melchor e Suso Vidal e aos visitantes Cousido, Bugallo e Denís.
Goles: 1-0 Silva, min.18; 2-0 Melchor, min.31; 3-0 Nacho de penalti, min.45; 4-0 Silva, min.70; 5-0 Luis Alberto, min.88.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.