A Festa do Atletismo Galego sobe de nivel na súa sexta edición
Por Diego Espiño
As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra serán escenario o vindeiro xoves 22 de xullo, a partir das 18.00 horas, da IV Festa do Atletismo Galego.
A competición, organizada polo Club Atletismo Rías Baixas, sobe de nivel nesta edición cun ollo posto nos Xogos de Tokyo e nalgunhas das grandes promesas nacionais.
Sobre o tartán afinarán a súa posta a punto para a cita olímpica atletas como a colombiana Evelis Aguilar, inscrita nos 150 metros, xavelina e lonxitude como preparación para o héptatlón en Tokyo, ou o mediofondista portugués Isaac Nader, ambos os dous a poucas horas de poñer rumbo a Xapón.
Serán algúns dos protagonistas que tamén contarán coas internacionais Marta García e Águeda Muñoz no 1.500 tras a súa participación no Europeo Sub-23 ou promesas locais "como David Vicente e Jacobo Soler", sinalou Gonzalo Méndez desde a organización do evento.
A competición, defendeu Méndez, "é a última proba do calendario nacional ao aire libre, e quizáis a proba de maior nivel das organizadas nos últimos anos en Pontevedra".