Últimos ánimos a Teresa Portela antes de viaxar aos Xogos de Tokyo "a por todas"
Por Diego Espiño
Nada en Aldán e pontevedresa de adopción, Teresa Portela conta as horas para poñer rumbo a Xapón e participar nos seus sextos Xogos Olímpicos, unha cifra que ningunha deportista nacional conseguiu.
Será o vindeiro mércores 21 de xullo cando embarque nun dos voos habilitados polo Comité Olímpico Español, xunto ao resto do equipo nacional de piragüismo. Alí estará tamén outra pontevedresa como Antía Jácome, centrada estes últimos días na súa posta a punto dentro dunha burbulla de adestramento. Antes diso con todo Portela recibiu o apoio do Concello de Pontevedra cunha recepción a cargo do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e o edil de Deportes, Tino Fernández.
"A verdade é que me atopo moi ben, con ganas, con ilusión e sobre todo vendo que xa é unha realidade, porque ao principio con esta situación houbo moitas dúbidas", recoñeceu a padexeira sobre a incerteza que rodeou á cita olímpica.
Superado ese momento a súa idea é ir "sempre a por todas", sen descartar o podio olímpico que lla resistiu en anteriores ocasións. O importante son as súas boas sensacións "e o que queda é chegar alí e plasmar todo o traballo e todo o adestramento que hai detrás".
Serán en todo caso uns Xogos Olímpicos diferentes e atípicos. "O bonito dos Xogos é poder compartir con outros deportistas e neste caso non vai se é posible. Non se poderá ir ver outros deportes ou convivir da mesma maneira", explica desde a súa experiencia aínda que repetindo que "o importante é que se poidan celebrar".
Relacionadas:
-
Teresa Portela, feliz tras a súa prata olímpica "porque quien la sigue, la consigue"
Por Diego Espiño |
-
Prata!! Teresa Portela, subcampioa olímpica no K-1 200 metros
Por Diego Espiño |
-
Pase directo a semifinais de Teresa Portela tras un prometedor debut nos Xogos
Por Diego Espiño |
-
Chegan os Xogos Olímpicos: Así será o calendario pontevedrés con Gómez Noya como primeiro en competir
Por Diego Espiño |
-
A Deputación apoia con 5.000 euros os deportistas pontevedreses clasificados para Tokyo 2021
Por Redacción |
-
Antía Jácome asina a clasificación olímpica máis emotiva
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Teresa Portela imponse no selectivo de Verducido e gaña oficialmente a praza para os Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |