Arranca a tempada para o Club Voleibol Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Empeza a competición para os equipos do Club Voleibol Pontevedra nas súas respectivas ligas autonómicas.
A entidade lerezana terá con presenza en todas as categorías femininas e, como novidade, contará co regreso do conxunto sénior masculino á Segunda División.
Nesta volta os pontevedreses enfrontaranse a domicilio ante o Intasa San Sadurniño B (Sábado 18:00 horas).
Pola súa banda o sénior feminino parte un ano máis co obxectivo de loitar polos postos altos da táboa e optar ao campionato a final de tempada, cunha estrea tamén fóra de casa, neste caso ante o Dompa Gestión na Carballeira (Domingo, 17:00 horas).
Para completar a estrea ligueira o xuvenil feminino recibirá no Multiúsos ao CV Santiago, mentres o cadete e o infantil visitan A Carballeira ao igual que o sénior feminino.