O Cisne segue coas renovacións e asegura un ano máis a Iván Calvo
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán segue avanzando coas renovacións para a nova tempada en División Honra Prata.
A última foi a do pivote defensivo Iván Calvo, que afrontará a súa terceira campaña no equipo pontevedrés.
O de Vigo, que non disputou a maior parte da pasada tempada en Liga Asobal por unha lesión no dedo polgar da man esquerda pola que tivo que ser intervido, asegurou estar "moi contento" de seguir formando parte do persoal.
Con Iván Calvo xa son seis as pezas confirmadas para o novo proxecto do Cisne, tras as renovacións de Mateo Arias, Javi Vázquez, Preciado e Jorge Villamarín e a fichaxe do portugués Daniel Neves.
RENOVACIÓN | El pivote defensivo Iván Calvo también estará la próxima temporada en el equipo de #DHPlataMasc ¡Grande Iván, encantados de que renueves! #SomosCisne #OrgullososdoNoso #sequeda pic.twitter.com/ENusTikOoV
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) July 10, 2021
Relacionadas:
-
O Cisne volverá contar un curso máis con André de Moura
Por Redacción |
-
Pablo González celebra a súa convocatoria coa Selección Española Xuvenil renovando co Cisne
Por Redacción |
-
Cisne e Teucro coñecen o camiño que lles espera na División de Honra Prata 21-22
Por Diego Espiño |
-
Alejandro Conde seguirá sendo xogador do Cisne
Por Redacción |
-
Pablo Gayoso di adeus o Cisne despois de cinco tempadas
Por Redacción |
-
O Cisne renova a unha das súas novas promesas, Mateo Arias
Por Redacción |
-
Javi Vázquez seguirá co Cisne na División de Honra Prata
Por Redacción |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do portugués Daniel Neves
Por Redacción |