Ilusión no equipo feminino do Leis ante o inminente debut ligueiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Chega a hora da verdade para o Leis Pontevedra co arranque dunha nova tempada na Segunda División Feminina de Fútbol Sala.
Tras descansar na primeira xornada ligueira, o equipo pontevedrés inicia a competición recibindo ao UD Tres Cantos no Pavillón Municipal dos Deportes (sábado, 18:00 horas).
De novo con Jacobo Estors ao mando o bloque lerezano afronta a campaña máis incerta dos últimos anos, pero con moita ilusión por pelexar por obxectivos ambiciosos.
A profunda renovación do plantel obriga ao Leis a situar a meta na permanencia, pero a longa e intensa pretempada invita ao optimismo, principalmente despois da imaxe ofrecidas ante equipos de superior categoría.
Para o debut ligueiro Jacobo Estors convocou a todas as súas xogadoras, aínda que conta coa dúbida de Sara, na fase final de recuperación dunha lesión muscular.