Dous de dous para o Leis Pontevedra na Terceira División
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Leis Pontevedra confirmou o seu bo arranque de liga despois de vencer o pasado fin de semana o ADFS Bueu por 4-2 no Pavillón Municipal dos Deportes.
O equipo pontevedrés sumou a súa segunda vitoria da tempada noutros tantos partidos nun choque que mantivo a emoción ata os instantes finais.
Adiantáronse os locais con dous goles de Pocho e un de Dani na primeira metade, pero cando o Leis pensaba nun partido cómodo, o Bueu apertou o marcador á volta de vestiarios con dous tantos.
Cando o conxunto visitante comezou a ultilizar o porteiro-xogador a pouco do final, Sergio Martínez sentenciou para os lerezanos.
Con seis puntos o Leis é un dos catro equipos que comparten o liderado. Outro deles, o Carballiño, recibirá na próxima xornada o equipo pontevedrés.
LEIS PONTEVEDRA (4): Miki, Miguel, Martin, Sergio Martinez, Raul Jimenez, cinco inicial, Pablo Duran, Dani, Pocho, Carlos, Gustavo, Sergio Garcia, Barcala.
ADFS BUEU (2): Adrián, Hugo, Samuel, Rodri, Antonio, cinco inicial, Esteban, Pedro, Javier, David, Adri González, Daniel.
Goles: 1-0 Pocho, min.5; 2-0 Dani, min.11; 3-0 Pocho, min.15; 3-1 Javier, min.36; 3-2 Antonio, min.40; 4-2 Sergio Martinez, min.40.
Incidencias: Partido disputado no Pavillón Municipal dos Deportes, Pontevedra.