Poio Pescamar e Marín Futsal homenaxean a figura de Carlinhos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Carlos César Jansell, 'Carlinhos' deixou unha profunda pegada na comarca de Pontevedra, e máis dun ano despois do seu falecemento non se borrou.
O que fose xogador do Rías Baixas de fútbol sala e, tras a súa retirada, adestrador de formación en varios equipos da zona recibirá este sábado 26 unha pequena homenaxe.
Ese tributo chega dun dos seus equipos, o Poio Pescamar, no que adestrou a novas promesas xunto ao Portero 2000.
O cadro conserveiro a iniciativa do seu adestrador Lin, íntimo amigo do brasileiro, organizou un partido de homenaxe que enfrontará ao seu xuvenil masculino (Liga Galega) co xuvenil do Marín Futsal (División de Honra).
O partido disputarase ás 18.45 horas no pavillón municipal da Seca, en Poio.