Hugo dálle o triunfo ao Sanxenxo no desconto (2-1)
Por Redacción
Sufrido triunfo do Xuventú Sanxenxo ante O Barco en Baltar de Arriba (2-1).
Os amarelos tiveron que esperar ao gol de Hugo no minuto 92 para celebrar tres puntos de ouro que fan esquecer o mal arraque ligueiro dos de ÿscar García.
Despois dunha primeira metade con poucas ocasións e moita disputa, o Sanxenxo adiantouse xa no segundo período por medio de Nel, mentres Estévez empatou pouco despois para o conxunto visitante antes do agónico final.
Estes tres puntos sitúan o Sanxenxo en oitavo lugar con 11, despois de encadear a súa quinta xornada consecutiva sen perder.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Velay, Deivi (Aguín. min.73), Fiti, Minso, Javi (Darío, min.57), Alfonso, Cañi, Diego Blanco, Cuchi (Nel, min.46), Rober (Hugo, min.46), Cerqueiras.
CD BARCO (1): Macía, Dani Rubén, Marconi, Rivadulla, Ramos (David, min.66), Tato (Brais, min.81), Gunti, Lobo, Diego (Iván, min.90), Estévez (Jonny, min.79).
Árbitro: Valín González (Lugo). Amoestou a Darío no Sanxenxo e a Jonny e Marconi nos visitantes.
Goles: 1-0 Nel, min.54; 1-1 Estévez, min.70; 2-1 Hugo, min.92.
Incidencias: Partido disputado en Baltar de Arriba.