O pechacancelas Ereintza espera un Teucro que pretende manterse invicto
Por Diego Espiño
O Teucro quere escapar das posibles relaxacións en Rentería para lograr ante o Ereintza (sábado 19:30 horas), o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada.
Manter a súa condición de invicto é o obxectivo dos azuis ante un equipo vasco que non sumou ningún punto na presente liga, despois de tres derrotas ante Palma del Río e Benidorm fóra e Sinfín na casa.
Sen embargo, este partido ante o Sinfín (21-22) serve de exemplo para o conxunto teucrista, consciente do complicado de gañar como visitante na División de Honra Prata ante a igualdade da categoría.
O Ereintza, a pesar de descender a final da pasada tempada tras sumar só tres vitorias e un empate en todo o curso, logrou manterse pola desaparición do Atlético de Madrid e posterior ascenso de Bidasoa a Asobal.
O equipo vasco parécese pouco ao da pasada tempada, cando perdeu os seus dous encontros cos pontevedreses. Contan cun novo adestrador, Jesús Romero, e só cinco xogadores continúan no club nun equipo caracterizado pola xuventude.
Javier Barrios, que programou un lixeiro adestramento na mañá do sábado en Hondarribia, conta con toda o plantel dispoñible para o choque. A única novidade na convocatoria de 14 xogadores é a inclusión de Iván Fernández por César Armán, que quedou en Pontevedra por decisión técnica.