Inicio con vitoria para o Leis Pontevedra na Terceira División
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Mellor imposible para o Leis Pontevedra no inicio ligueiro da Terceira División de fútbol sala.
O equipo lerezano estreou a competición cun contundente triunfo na Fonsagrada ante o Ribeira de Piquín FS (0-5), nun partido máis igualado do que reflicte o marcador.
O Leis, que contaba coas baixas de Pablo e Barcala, formulou un partido serio e logrou adiantarse na primeira metade por medio de Dani (0-1).
Xa no segundo tempo os pontevedreses ampliaron a súa renda grazas a Sergio Martínez, e sentenciaron nos últimos minutos con tres tantos cando o equipo local estaba con porteiro-xogador en cancha.
A estrea na casa do Leis chegará a próxima semana coa visita do ADFS Bueu.
RIBEIRA DE PIQUÍN FS (0): Daniel, Jairo,Ismael, Lobeiras, Victor -cinco inicial- Hugo, Kike, Sebas, Cesar, Javier, Silván.
LEIS PONTEVEDRA (4): Chenlli, Miguel, Sergio Martinez, Martin, Raúl -cinco inicial- Pocho, Dani, Gustavo, Carlos, Sergio Garcia.
Goles: 0-1 Dani, min.12; 0-2 Sergio Martinez, min.26; 0-3 Raúl, min.36; 0-4 Chenlli, min.37; 0-5 Raúl, min.39.