Reparto de puntos entre Barco e Villalonga (2-2)
Por Redacción
Un Villalonga con baixas importantes, como as dos seus dianteiros titulares Machu e Jorge Fernández, obtivo un importante empate na cancha do Barco (2-2).
Tiveron sen embargo opcións os de Julián Ferreiro de levarse os tres puntos tras adiantarse en dúas ocasións no marcador.
O canterano Giao logrou o primeiro tanto do partido aos 5 minutos poñendo en vantaxe os celestes ata que Diego empataba para os locais antes do descanso.
Na segunda metade repetiuse o guión e Antonio marcou o 1-2 para os visitantes, unha alegría que se prolongou ata os últimos minutos do encontro, cando Ribadulla, no 88, poñía o definitivo empate a dous no marcador.
CD BARCO (2): Macía, Rubén (Esteban, min.69), Ribadulla, Omar, Dani, Marcones, Recamán, Diego, Borja, Novo, Tato (David, min.60).
VILLALONGA FC (2): Albor, Leo, Arias, Saúl, Cuqui, Adrián, Martín (Rego, min.54), Antonio, Giao, Héctor (Cristóbal, min.65), Juanito (Ramón, min.65).
Árbitro: González Lázare (Lugo). Amoestou aos locais Borja, David, Recamán, Ribadulla e Rubén e aos visitantes Héctor, Rego, Saúl e Cuqui.
Goles: 0-1 Giao, min.5; 1-1 Diego, min.42; 1-2 Antonio, min.65; 2-2 Ribadulla, min.88.
Incidencias: Partido disputado no campo de Calabagueiros.