Club do Mar de Bueu e Mecos do Grove triunfan no Campionato de España de Bateis
Por Redacción
Vinte anos despois o Club do Mar de Bueu volve celebrar ao grande un título nacional de bateis na categoría xuvenil.
O éxito conseguido na categoría xuvenil masculina puxo a guinda a un Campionato de España de Bateis celebrado en Meira, Moaña, durante os días 24 e 25 e que tivo gran protagonismo para o remo galego.
Nesta categoría o Club do Mar, cun tempo de 09:28.40 impúxose con autoridade ao Club de Remo Muros (09:36.14) e ao CRO Orio (09:42.91), segundo e terceiro respectivamente.
A outra medalla de ouro foi para o Club de Remo Mecos do Grove na categoría cadete feminina, ao gañar na quenda final cun tempo de 07:47.06.
Ademais o Club do Mar quedou preto de subir ao podio na proba absoluta masculina, na que foi cuarto.
Consulta os resultados do LXXVIII Campionato de España de Bateis.