Bueu mostra o seu "enorme orgullo" polos resultados do Club do Mar no Nacional de Bateis
Por Redacción
O Centro Social do Mar acolleu a última hora do martes unha merecida homenaxe ao Club do Mar de Bueu tras os seus resultados no Campionato de España de Bateis celebrado en Meira, Moaña.
En concreto o equipo xuvenil masculino do club conseguiu un triunfo histórico, mentres que a tripulación sénior foi cuarta, a un paso do podio.
"Para o pobo de Bueu é un enorme orgullo gozar de momentos así, nos que emocionarnos e sentir ilusións fortes", sinalou no acto do alcalde do municipio, Félix Juncal.
Este acto, no que participaron integrantes da directiva, deportistas e edís da corporación municipal, tamén serviu para facer entrega de medallas conmemorativas polos éxitos alcanzados nos campionatos galego e estatal de bateis na tempada pasada, que non se puido organizar antes debido ás restricións.