Aberto o prazo de inscrición para o Media Maratón do próximo 20 de outubro
Por Redacción
O Media Maratón Serviocio Cidade de Pontevedra xa visualiza a data na que cumprirá a súa maioría de idade, o próximo 20 de outubro.
Son 18 anos da proba organizada pola Sociedad Gimnástica, última cita nesta ocasión do Circuíto de Carreiras Populares, nas que a participación non deixou de crecer.
Por ese motivo abriuse oficialmente a inscrición da próxima edición, na que se espera aumentar a presenza de corredores do pasado ano, cando 1.244 deportistas tomaron a saída nas inmediacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Para poder anotarse na proba, os intereados poden facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com.