VÍDEO.- A realidade das mulleres deportistas: "Queda moitísimo por avanzar"
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra presentou este mércores a peza audiovisual 'A realidade das mulleres deportistas', coa que pretende reivindicar a igualdade no deporte.
Nun acto no que participaron varias das protaganistas, como a futbolista pontevedresa Paula Dapena; a presidenta da Gimnástica, Charo Castro, ou a adestradora da Sociedad Deportiva Teucro, Irene Vilaboa, a presidenta provincial, Carmela Silva, explicou o por que deste traballo, que busca mostrar que "no deporte as mulleres temos avanzado moito pero queda moitísimo por avanzar".
Silva apuntou que se trata de "un vídeo que amosa a sorpresa destas mulleres deportistas cando en lugar de preguntarlles polos seus éxitos se lle sigue preguntando pola súa visa familiar, pola conciliación ou con referencias ao seu físico, preguntas que nunca lle fan aos homes".
A piragüista Ainhoa Lameiro, a xogadora de balonmán Lorena Pérez, a tiradora de esgrima Judith Rodríguez e a árbitra de fútbol Elena Casal participaron tamén no vídeo, enmarcado dentro da axenda provincial elaboraba con motivo do 8M.
"O camiño foi duro", asegurou na presentación Irene Vilaboa, aínda que considerándose " unha privilexiada" polo apoio que recibiu no seu deporte. Aínda así "debemos loitar polos nosos dereitos e aconsello as mulleres que teñan claro os obxectivos e non se veñan abaixo", sinalou a adestradora.
Pola súa banda Paula Dapena, futbolista do Viajes Interrías de Primeira Nacional e que protagonizou un xesto contra o machismo que deu a volta ao mundo ao negarse a secundar unha homenaxe a Maradona, afirmou que "este acto no tendría sentido sin la lucha diaria de las mujeres. Esto no puede parar ahora, hay que seguir avanzando para conseguir los derechos que merecemos y que son nuestros".
Un vídeo moi necesario e que deixa unha pregunta clara no aire: "É o deporte igualitario?" Agardemos que máis pronto que tarde así sexa.
Elas non teñen límites!
— Deputación Pontevedra (@depo_es) March 24, 2021
As mulleres chegaron ao deporte de alto nivel para quedar e non se van render
Fronte ao cuestionamento con nesgos de xénero: éxito e constancia
#ReivindicandoANosaAxenda desde o deporte pic.twitter.com/3nNLFi7Sjy
Relacionadas:
-
O Viajes Interrías dá o salto ao terceiro banzo do fútbol feminino estatal
Por Redacción |
-
Paula Dapena comparte escenario con Ruth Beitia ou Leire Olaberria para defender a esencia do deporte feminino
Por Manu Otero |
-
A Deputación recibe os clubs deportivos de elite da provincia nun "acto de orgullo"
Por Redacción |