O Cisne aproveitará ao derbi co Balonmán Pontevedra para a presentación oficial dos seus equipos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Aínda que a competición xa comezou a pasada fin de semana, o Club Cisne Balonmano aproveitará a disputa do derbi local para presentar oficialmente aos seus equipos para a tempada 2013-2014. Será o vindeiro sábado 28 de setembro, a partir das 16.15 horas, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Os equipos que representarán ao Club Cisne Balonmano esta tempada son:
- Club Cisne Sénior (Primeira División Nacional Masculina)
- Club Cisne Xuvenil (División de Honra Galega)
- Club Cisne Cadete (Segunda División Galega)
- Club Cisne Maproin (División de Honra Galega Infantil)
- Club Cisne Clínica Veteris (Campionato Provincial Alevín)
- Club Cisne Benjamín (Campionato Provincial Benjamín)
- Escolas Deportivas do Club Cisne
Ademais, con motivo da celebración no 2014 do 50 aniversario do Club Cisne Balonmano, convocouse a todas as persoas que pasaron polo equipo ao longo destes anos (xogadores, adestradores e directivos) para realizar unha foto de familia.
Trala presentación, contra as 17.30 horas, celebrarase o encontro correspondente á segunda xornada da Primeira División Masculina, no que o Club Cisne Balonmano enfrontarase ao outro equipo pontevedrés que milita na categoría Balonmán Pontevedra.