Remontada e primeiro triunfo do Pontevedra B en Gondomar (1-2)
Por Redacción
O Pontevedra B logrou a súa primeira vitoria da tempada e fíxoo a domicilio nun campo complicado como o das Gaiandas, en Gondomar (1-2).
O filial granate tivo ademais que remontar o tanto inicial de Hermida para os locais no minuto 17, pero a resposta rápida dos de Manu Fernández, empatando só dous minutos despois por medio de Bruno, resultou decisiva.
Á volta de vestiarios Ismael puxo en vantaxe o Pontevedra cun Gondomar que non se encontrou cómodo e non logrou repoñerse a este tanto.
GONDOMAR CF (1): Javi, Carlitos (Adrián, min.65), Nando, Ferro (Villaverde, min.69), Lema, Aarón, Álex (Tizón, min.57), Breixo, Rubén, Hermida, Cela (Silvio, min.53).
PONTEVEDRA CF B (2): Adrián, Marou, Uru, Juan Ignacio, Emilio, Bruno, Víctor (Diego, min.69), Héctor, Kevin (Félix, min.84), Buba (Paco, min.60), Ismael (Kevin Presa, min.82).
Árbitro: Casanova Cudeiro (Ourense). Amoestou aos locais Lema, Silvio, Aarón e Breixo e aos visitantes Héctor e Juan Ignacio. Expulsou con vermello directo a xogador do Gondomar Tizón (min.78).
Goles: 1-0 Hermida , min.17; 1-1 Bruno, min.19; 1-2 Ismael, min.50.
Incidencias: Partido disputado no campo das Gaiandas, Gondomar.