Ao Villalonga escápalle a vitoria nos últimos minutos fronte ao Atios (1-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Villalonga deixou pasar a oportunidade de lograr o liderado no Grupo Sur da Rexional Preferente nun partido ante o Atios que dominou dende os primeiros minutos.
Os celestes adiantáronse no minuto 4 cun gol de Jorge Fernández, e pesar de contar con ocasións abondo para encarrilar o encontro non conseguiron pechalo dando vida ao equipo visitante.
Co partido aberto o Atios aproveitou unha indecisión dentro da área para poñer as táboas no minuto 87 por medio de Sombri, un tanto que ao cabo sería definitivo.
VILLALONGA FC (1): Berto, Leo, Cristóbal, Cuqui, Juanito (Giao, min.46), Ramón (Martín, min.87), Arias, Rego (Héctor, min.46), Jorge Fernández, Saúl, Antonio.
UD ATIOS (1): Miguel, Cal (Maroto), ÿscar, Curi, Bubi, Sombri, Valiente, Julio, Romero (Lira), Asier, Dieguito (Jacobo).
Árbitro: Ventoso Noal (Santiago). Amoestou aos locais Antonio, Giao, Ramón e Leo e aos visitantes Sombri, Maroto e Miguel. Expulsou por dobre cartón a Jorge Fernández no Villalonga (min.80) e a Valiente no Atios (min.86).
Goles: 1-0 Jorge Fernández, min.4; 1-1 Sombri, min.87.
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.