A falta de espazo para adestrar afoga o TM Monte Porreiro: "Estamos a denegar entradas ao club, e é unha pena"
Por Diego Espiño
Despois de 23 anos de esforzo, o Tenis de Mesa Monte Porreiro consolidouse como un dos mellores clubs do país, como así demostran entre outras cousas a presenza dun equipo na Superdivisión masculina e dous na División de Honra, un na feminina e outro na masculina.
Con todo o obxectivo de seguir crecendo sobre todo a nivel de base está a atoparse cun grave problema de espazo, que non se solucionará ata que se dote ao equipo de novas instalacións, intención que anunciou hai meses o Concello.
"Necesitamos urxentemente unhas instalacións que nos permitan seguir crecendo, xa que agora mesmo estamos a denegar entradas ao club pola falta de espazo, e é unha verdadeira pena", asegura o director deportivo do Monte Porreiro, Nando Álvarez.
"Temos un soño o presidente, Lucho, e eu de superar as 300 licenzas de xogadores e xogadores de tenis de mesa na cidade de Pontevedra, como sucede en países como Francia ou Alemaña. Agora mesmo superamos as 60, unha barbaridade para un club nado da nada como o noso e sendo un deporte eminentemente individual, pero non temos onde meternos ao estar tan limitados coas instalacións", defende o tamén adestrador da entidade.
Aínda así o seu obxectivo segue sendo crecer, máis agora ao considerar que o tenis de mesa é un "deporte seguro", pero "para iso necesitamos unha infraestrutura forte e ese lugar que nos permita dar un salto definitivo", pide Álvarez coa meta de "converternos en centro de tecnificación, un dos nosos soños".
INTENSA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓNS
Un reflexo do que supón actualmente o Tenis de Mesa Monte Porreiro é o calendario da próxima fin de semana de competición, no que comezan as ligas nacionais nas máximas categorías.
Entre eses compromisos, ademais do desprazamento do conxunto de Superdivisión a Cataluña, destaca a organización na División de Honra Feminina da primeira xornada de liga, que se disputará por concentración no pavillón de Príncipe Felipe o sábado 13 de marzo. O primeiro encontro da xornada (10.00 horas) medirá o Visit Pontevedra co Oroso TM, a continuación (15.00 horas) o Oroso medirase ao Narón e para terminar (18.30 horas) verán as caras o propio Narón co Monte Porreiro-Visit Pontevedra.
Ademais o domingo a Federación Galega xuntará en Pontevedra ás 14 mellores xogadoras da comunidade dunha idade entre os 10 e os 14 anos para preparar o próximo Campionato de España Escolar.
Relacionadas:
-
Máis de dous millóns de euros para converter o pavillón de Monte Porreiro na casa do tenis de mesa
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro presume de título na Primeira Nacional Feminina
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rompe teitos
Por Manu Otero |
-
A segunda concentración da Superdivisión masculina de tenis de mesa aterra en Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro 'rasca' un punto no seu debut ligueiro, e será anfitrión da próxima xornada
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, listo para afrontar a liga de Superdivisión "más fuerte de los últimos años"
Por Diego Espiño |
-
A nova promesa do TM Monte Porreiro, Emma Álvarez, seleccionada pola Federación Española para o proxecto MiniSpin
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro comezará a tempada o 6 de marzo co equipo de Superdivisión
Por Almu Dapena |
-
A permanencia na Superdivisión é unha meta "más que suficiente" para o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |