Mudanza ao Municipal para o regreso á competición do Bádminton Ravachol na División de Honra
Por Redacción
Fin á espera do Club Bádminton Ravachol, que esta fin de semana volverá á competición na División de Honra tras o parón provocado pola pandemia.
Faio cunha cita clave pola permanencia na máxima categoría, recibindo a un rival directo como o CB San Fernando.
O enfrontamento será ademais nun novo emprazamento, o Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra en lugar do habitual Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a partir das 17.00 horas deste próximo sábado 13 de marzo.
"Xogamos unha partido clave, unha vitoria sería un paso de xigante cara á permanencia pero unha derrota complicaríanos as cousas moitísimo. A pesar do cambio de instalación, e da pouca preparación dalgúns deportistas pola falta de medios para adestrar, confío nos meus xogadores e estou seguro de que se deixarán a pel na pista", recoñece o director deportivo do Ravachol, Jesús Pereiro.
Será un duelo diferente ao da primeira volta, cun equipo pontevedrés debilitado con ata sete baixas que perdeu en terras valencianas por 5-2. Agora, especialmente tras reforzar o seu plantel con varias incorporacións, esperan que a historia sexa ben distinta.
Tamén o CB San Fernando pechou fichaxes como o do mexicano Job Castillo, número 11 de América e 118 na clasificación mundial, o que converterá a xornada en todo un reto.
Relacionadas:
-
Derrota do Ravachol por 7-0 ante o Oviedo, líder invicto
Por Redacción |
-
Trascendental vitoria do Ravachol para saltar dos postos de descenso
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol chega a un acordo co San Narciso para poder volver adestrar
Por Redacción |
-
A falta de adestramento, un problema para o Bádminton Ravachol ante o regreso da liga de División de Honra
Por Redacción |
-
A División de Honra de bádminton para ata o mes de marzo pola pandemia
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol suma a súa primeira vitoria na máxima categoría fronte o Rinconada Sevilla (5-2)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |