Tres expulsados e vitoria traballada do Sanxenxo (4-1) sobre o Ourense B
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Partido trabado e tres expulsados. O Ourense B xogou en inferioridade dende o minuto 24, pero aínda así opuxo seria resistencia a un Xuventú Sanxenxo que só puido sentenciar o partido nos compases finais.
Un penalti de Corzo sobre Darío, que significaba ademais a expulsión do xogador visitante, puxo por diante o Sanxenxo. Non obstante os ourensanos igualaban pouco despois nunha acción balón parado, ao rematar Choco unha falta.
Cuchi daría de novo vantaxe ao cadro local, pero non sería ata os minutos finais cando o esgotamento e o risco que asumiu o Ourense B para buscar a igualada, permitiron unha contra de Dani Muradás que sentenciaba o partido. Co tempo cumprido Róber ampliaría o marcador nunha boa acción individual.
XUVENTÿ SANXENXO (4): Jose; Darío, Minso, Deivi (Jorge, min. 72), Fon, Cañi (Muradás, min. 59), Róber, Fernando Aguín (Hugo, min. 75), Cuchi (Diego Blanco, min. 79), Nel e Cerqueiras.
OURENSE B (1): Aarón; Yago, Pana, Gabriel (Álex, min. 62), Corzo, Toni, Arce, Dani, Cholo (Viti, min. 62), Omar (Ocampo, min. 31) e Carlos (Abelardo, min. 62).
Árbitro: Jorge Correia (Vigo), auxiliado nas bandas por Alonso e José Ramón. Expulsou con vermello directo a Corzo (minuto 24) e Darío (minuto 63), e por dobre amoestación a Dani (minuto 56). Amoestou a Jorge, Alfonso, Nel e Viti.
Goles: (1-0) Minuto 24: Darío, de penalti. (1-1) Minuto 30: Choco. (2-1) Minuto 37: Cuchi. (3-1) Minuto 85: Muradás. (4-1) Minuto 92: Róber.
Incidencias: Campo de Baltar de Arriba. Uns 150 espectadores.