Sorte dispar para BM Pontevedra e Cisne na estrea da Primeira Nacional
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Debut soñado para o Vitaldent Balonmán Pontevedra no Primeiro Nacional nunha xornada que deparou resultados dispares para os dous equipos pontevedreses.
O Vitaldent arrancou a compeitición cun triunfo no Pavillón Municipal ante Las Cinco Jotas Lavadores (30-28) nun partido que carga de moral aos de Pedro Pérez.
Pola súa banda o Club Cisne non logrou puntuar na súa visita á cancha do OAR Coruña (33-30) nun encontro no que sempre foi a remolque no marcador e en que o equipo coruñés rompeu o seu favor aos 15 minutos limitándose despois a controlar a renda adquirida.
Na próxima xornada ambos os dous conxuntos enfróntanse na pista do Centro Galego de Tecnificación (Sábado 17:30 horas).