Partido de trámite en Eivissa para o Teucro
Por Redacción
Semana de trámite para a Sociedad Deportiva Teucro, na última xornada da primeira fase da competición na División de Honra Prata.
Sen opcións de clasificarse entre vos cinco primeiros e por tanto pelexar polo ascenso, os pontevedreses miran xa cara a unha segunda fase na que se xogarán a permanencia e na que contarán os puntos conseguidos ante os rivais directos.
Por ese motivo a visita este sábado (19.00 horas) dos azuis ao UD Eivissa Handbol, xa clasificado no grupo de honra, non poñerá nada importante en xogo, e só servirá como unha especie de adestramento de calidade de fronte ao decisivo partido aprazado que xogarán o 6 de marzo fronte ao Bordils, último da táboa, e que pode supoñer unha diferenza vital para non pasar excesivos apuros ata final de tempada.
Actualmente, con case nula capacidade de que as cousas cambien, dos dez equipos que se xogará continuar na categoría (cinco descenderán) o Zarautz pasaría con 12 puntos, o Trops Málaga con 11 puntos, Zamora e Sarrià con 10, Lalín con 9 puntos, Sant Martí con 7, Ikasa Madrid con 5 e o Trapagaran con 0 puntos.
Nesa lista o Teucro suma 8 puntos, polo que un triunfo fronte ao Bordils supoñería pasar de fase como un dos equipos mellor situados ao dispararse ata os 10 puntos. Na última xornada ademais só Trops Málaga e Ikasa teñen opción de sumar.