Darío Suárez ficha polo Peixegalego tras a marcha do escolta Iván Martínez
Por Redacción
O Marín Peixegalego moveuse rápido para reforzar o seu plantel tras a repentina marcha da escolta Iván Martínez ao Club Baloncesto Valladolid e xa confirmou o seu substituto.
Trátase de Darío Suárez, xogador coruñés que pode actuar de escolta e de base e que a tempada pasada militou no filial do Leyma Coruña en liga EBA.
A pesar de competir no segundo equipo o último ano, Suárez conta con experiencia na LEB Prata, tras disputar tres tempadas co Leyma nesta categoría.
Segundo o Peixegalego, as maiores virtudes de Darío Suárez son o seu traballo na pista e a súa defensa, polo que o club marinense espera que se converta nunha das bazas importantes na súa rotación.