Iván Martínez negocia a súa incorporación ao Club Baloncesto Valladolid de Liga ACB
Por Diego Espiño
Problemas para o Marín Peixegalego, que podería perder unha das súas recentes fichaxes a un mes do comezo da competición na Adecco Plata.
Trátase da escolta de 23 anos Iván Martínez, e que segundo anunciou o club 'peixe', está a negociar a súa incorporación ao Club Baloncesto Valladolid, despois de que a entidade castelá puxese en marcha a última hora un proxecto deportivo para manter a súa praza na liga ACB.
Martínez, procedente do Palencia de Adecco Oro, volvería así o club no que se formou como xogador para participar na máxima categoría do baloncesto nacional.
Se se confirma esta baixa, o equipo adestrado por Javi Llorente deberá buscar un novo xogador exterior. Ademais o Peixegalego encóntrase rastrexando o mercado coa intención de reforzar o seu xogo interior se aparece unha opción que non supoña un gran desembolso económico.