A Concellería de Deportes reparte 1.500 máscaras reutilizables a entidades sociais
Por Redacción
A Concellería de Deportes Actividade Física e Saúde, no marco do programa 'Enmascárate', repartiu 1.500 máscaras de protección entre diversas entidades socio sanitarias. Esta cifra súmase ás preto de 4.500 mascarillas reutilizables entregadas a alumnos de Primaria e os 1.100 dípticos explicativos repartidos nos centros escolares de Pontevedra.
Tino Fernández, conselleiro de Deportes e tenente de alcalde, adiantou que as asociacións que xa recibiron estes elementos de prevención contra a covid-19 foron a Asociación Galega de Linfedema (Aglinfedema), a Asociación de Amigos da Pontevedrada (Asampo), a Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes (Anedia), a Asociación de Celíacos de Galicia, o colectivo Down Xuntos, Juan XXIII, Amencer-Aspace, a Asociación de Déficit de Atención Hiperactividade de Pontevedra (Adahpo), a Asociación de Persoas Xordas de Pontevedra e a Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (Asseii).
Así mesmo, tamén fixeron entrega das mascarillas aos CEIP Cabanas-Salcedo, A Carballeira-Lourizán, Froebel, Daría Portela, San Benito de Lérez, Ponte Sampaio, Marcón, Campolongo, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela, Parada-Campañó e Santo André de Xeve, o CEP Marcos da Portela e as EEI Fina Casalderrey e Verducido.