O Ciudad de Pontevedra proclámase campión da Superliga Galega de piragüismo
Por Redacción
O Club de Piragüismo Ciudad de Pontevedra impúxose o pasado fin de semana no 47 Descenso Internacional do Río Sil, o que ademais supuxo o campionato da Superliga Galega de Ríos.
ÿ o terceiro ano consecutivo que o club lerezano faise con este título, grazas a ter rematado a tempada no primeiro posto da Liga Galega de Ríos e Travesías, o segundo lugar na liga de pista e o terceiro na Liga de Promoción, competicións que compoñen a Superliga Galega.
A nivel individual no Descenso Internacional do Sil o Ciudad de Pontevedra protagonizou a xornada con Alexandre Fernández no primeiro posto de C-1 xuvenil, ao igual que Iván Villanueva en K-1 xuvenil e Jenifer Casal en C-1 xuvenil. Por outro lado Nerea Gondar, en C-1 xuvenil, e José Carlos Sobral e Jacobo García, en K-2 xuvenil, conquistaron a segunda posición, mentres as terceiras posicións corresponderon a Isabel Noya, en K-1 cadete e Raquel Rodríguez, en K-1 sénior.