Nadal sobre rodas para o Arxil
Por Redacción
O Nadal chegou cun agasallo especial para o Arxil por parte dun dos seus patrocinadores. No marco do terceiro programa de responsabilidade social corporativa, Ence acaba de facer entrega dunha furgoneta ao equipo pontevedrés para facilitar os desprazamentos dos seus equipos.
Dispoñer dun vehículo destas características "é unha axuda moi importante", informan desde o club, facendo especial fincapé nas dificultades económicas e financeiras que atravesan as entidades deportivas nestes tempos de pandemia.
Por iso, o Arxil manifesta o seu agradecemento a Ence pola axuda prestada ao longo das últimas tempadas