A campaña de aboados do Pontevedra sae á rúa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol decidiu sacar á rúa a súa campaña de aboados para a presente tempada coa instalación dun posto informativo na Praza de Ourense.
No posto, que se abrirá durante as tardes ata o próximo xoves en horario de 17:00 a 20:30 horas, os afeccionados granates poderán retirar o seu carné de socio ou informarse sobre os prezos fixados para a tempada completa.
Segundo informa o club granate, tamén se poderá retirar o aboamento o próximo domingo antes do encontro ante o Cultural Areas nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón.