Teucro e Frigoríficos do Morrazo loitarán polo título de campión da Copa de Galicia
Por Redacción
Teucro y Frigoríficos del Morrazo Cangas serán os finalistas da Copa Galicia de balonmán masculino, que disputarán o domingo ás 12:45 horas, no Pavillón do Rosal, despois de ter que superar ambos conxuntos unhas complicadas semifinais fronte ao Academia Octavio e Atlético Novás, respectivamente.
A segunda semifinal enfrontou a Teucro e Academia Octavio, dous conxuntos que este ano se verán as caras na División de Honra B. Comezou mandando o equipo vigués, que moi pronto logrou poñerse arriba no marcador con tres goles a favor. Pero a medida que avanzaba o choque o Teucro ía asentándose na cancha e foi recortando pouco a pouco, ata que nos últimos minutos da primeira metade logrou un parcial de 4-1, que lle permitiu irse ao descanso por diante no marcador (13-12).
Na segunda metade xa non houbo concesións por parte de ningún dos equipos. Así, avanzaban os minutos con empates continuos no marcador ata que a falta de dez minutos para o final o conxunto pontevedrés logrou unha pequena distancia de dous goles a favor (25-23) que soubo manexar ata o final do choque (28-26), e así plantarse na final.
S.D. TEUCRO (28): Juan Bar (1): Marcos Dorado (4), Carlos Pombo (2), David García (6), Alejandro Pombo (3), David Chapela (1), Miguel Porto (1), Tomás Moreira (1), Víctor Rodríguez (3), Daniel Cadilla (p.s.), Iván Fernández, César Armán, Carlos García (3), Borja Fernández (2) e Miguel Sio (1).
ACADEMIA OCTAVIO (26): Pablo Lorenzo, Víctor León, Manuel Martínez (3), Germán Hermida (3), Antón Giráldez, Pablo Chantada, José A. Fernández (4), Gonzalo Carro (2), Jorge García, Javier Fernández (1), Marcos González, Francisco González (2), Javier Barba (4) e Daniel Hernández (7).
Árbitros: Andrés Rosendo e Sergio Rodríguez (Colexio Galego). Excluíron dous minutos a Marcos Dorado e Miguel Sio polo Teucro e a Pablo Lorenzo, José A. Fernández e Gonzalo Carro (en dúas ocasións) polo Academia Octavio.
Marcador (cada cinco minutos): 1-4, 4-7, 7-9, 7-10, 9-11, 13-12 (descanso), 15-15, 16-16, 19-19, 22-21, 25-23 e 28-26 (final).
Incidencias: Segunda semifinal da Copa Galicia de Balonmán Masculino que se disputou no Pavillón da Cañiza. Moi boa entrada e gran ambiente nas gradas.
O CANGAS SUFRIU NA PRIMEIRA SEMIFINAL
O Frigoríficos do Morrazo loitará por revalidar o título de campión da Copa Galicia, despois de lograr a clasificación para a final nun apertado e emocionante choque fronte ao Atlético Novás que se decidiu nos instantes finais (23-24).
A pesar da diferenza de categoría o partido tivo unha enorme emoción. O conxunto dirixido por Pillo logrou escaparse en algún momento na primeira metade (3-7), pero o certo foi que o Novás non se rendeu e logrou remontar pouco a pouco ata chegar ao descanso con empate (11-11).
Na segunda parte, mantívose o mesmo escenario, con mínimas vantaxes para o equipo do Morrazo. Así, o Frigoríficos chegou ao último minuto do partido por diante, pero o Novás tivo un ataque de 17 segundos para lograr o empate e forzar a prórroga, pero fallou este último lanzamento.
ATLÿTICO NOVÁS (23): Roberto Calvo; Roberto Rodríguez 'Harris' (2), Jacobo Coello, Pablo Sánchez (1), Iago Flores (1), David Lechuga, Jorge Pousa (1), Paulo Dacosta (3), Sergy Tsybanev (4), José Malvar, Kevin García, Ramón Martínez, Alexander Tsybanev (7), Bruno Da Costa (2) e Adrián Freiria (2).
FRIGORÍFICOS DO MORRAZO (24): Santiago Gallego; Serafín Pousada (2), Iván Amarelle (1), Rubén Soliño (1), Suso Soliño (4), Félix Peter Schmidl , Fernando Eijo (1), Mile Mijuskovic , Eloy Krook Castaño, Daniel Cerqueira (2), Adrián Rosales (5), Adrián Pumar (3), Ángel Iglesias, Alen Muratovic (2) e David García (3)
Árbitros: Pablo Álvarez e Daniel Poley (Colexio Galego). Excluíron dous minutos a Pablo Sánchez, Jorge Pousa e Alexander Tsybanev, polo Novás, e a Adrián Rosales e Fernando Eijo (en dúas ocasións) polo Frigoríficos do Morrazo.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 3-4, 3-5, 3-7, 7-9, 11-11 (descanso), 12-14, 17-16, 18-17, 19-19, 21-22 e 23-24 (final).
Incidencias: Primeira semifinal da Copa Galicia de Balonmán Masculino que se xogou no Pavillón da Cañiza. Boa entrada.