A Xunqueira I, primeira parada do ciclo do Teucro e o Concello sobre saúde, alimentación e actividade física
Por Redacción
Marko Dzokic e Caüe Herrera, xogadores da Sociedad Deportiva Teucro, e a nutricionista da entidade pontevedresa, Inés Martínez, protagonizaron este martes no CEIP A Xunqueira I as charlas inaugurais do ciclo sobre ‘Saúde, alimentación e actividade física’, impulsadas pola Concellería de Educación e Deportes en colaboración co club deportivo.
A estrea desta xornadas contou ademais coa presenza do tenente do alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, e da coordinadora da actividade e representante do Teucro, Laura del Castillo.
Fernández resaltou a importancia de que os mozos e mozas "escoiten os consellos destes deportistas e das persoas que os asesoran para manter un estilo de vida saudable".
"Trátase dunha iniciativa fundamental para concienciar ás nenas e nenos sobre a importancia de manter hábitos de vida saudables para alcanzar un desenvolvemento físico e psicolóxico equilibrado, entre eles unha boa alimentación e a práctica de actividades físicas complementarias", resaltou tamén o edil.
Este programa de charlas terá continuidade o vindeiro xoves 3 de decembro con catro grupos do CEIP Vilaverde de Mourente, continuando despois con paradas no CEIP Parada-Campañó, CEIP Santo André de Xeve, CEIP San Xosé, Froebel e San Martiño de Salcedo, todos eles durante o mes de decembro. Pola súa banda en xaneiro será a quenda do Álvarez Limeses e Campolongo.
A actividade está destinada a alumnado de 3º e 4º curso de Primaria e inclúe a distribución de kits de merenda saudable para os mozos, de folletos informativos para as familias e de guías para o profesorado.
Relacionadas:
-
O alumnado do colexio Vilaverde atende os consellos da SD Teucro sobre 'Saúde, alimentación e actividade física'
Por Redacción |
-
O Álvarez Limeses pecha o ciclo sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' do Teucro e o Concello
Por Redacción |
-
Fomentar a actividade física entre o alumnado de Primaria, obxectivo dunha campaña impulsada polo Teucro e o Concello
Por Redacción |