O Álvarez Limeses pecha o ciclo sobre 'Saúde, alimentación e actividade física' do Teucro e o Concello
Por Redacción
Última parada do programa sobre 'Saúde, alimentación e actividade física', impulsado pola Sociedade Deportiva Teucro e a concellería de Educación de Pontevedra.
O CEIP Álvarez Limeses acolle esta semana as últimas charlas do ciclo, que pasou por unha decena de centros educativos.
Impartidas pola coordinadora teucrista Laura del Castillo coa colaboración de Javier Dóminguez, a nutricionista Inés Martínez e nesta ocasión o xogador do primeiro plantel Cahuê Herrera, no Álvarez Limeses contaron tamén coa presenza do concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández, quen aproveitou para facer balance dun a actividade que "fomentou hábitos saudables entre 762 alumnos de 3º e 4º curso de Primaria", sinalou.
En concreto, o proxecto desenvolveuse durante o mes de decembro nos colexios A Xunqueira I, Vilaverde (Mourente), Parada-Campañó, Santo André de Xeve, San José, Froebel, Cabanas e San Martiño (Salcedo), e nas últimas semanas no CEP Campolongo e no CEIP Álvarez Limeses.
Ademais de realizarse charlas duns 50 minutos de duración, a actividade tamén incluíu a distribución de kits de merenda saudable para os mozos, de folletos informativos para as familias sobre alimentación e deporte e de guías para o profesorado.
Relacionadas:
-
O alumnado do colexio Vilaverde atende os consellos da SD Teucro sobre 'Saúde, alimentación e actividade física'
Por Redacción |
-
'A Vida é Movernos' promove a práctica do exercicio físico nas rúas e prazas
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Repartición de 4.500 máscaras reutilizables entre os escolares de Pontevedra
Por Redacción |
-
A Xunqueira I, primeira parada do ciclo do Teucro e o Concello sobre saúde, alimentación e actividade física
Por Redacción |
-
As charlas do programa 'Saúde, alimentación e actividade física' comezan a vindeira semana da man do Concello e a SD Teucro
Por Redacción |
-
Fomentar a actividade física entre o alumnado de Primaria, obxectivo dunha campaña impulsada polo Teucro e o Concello
Por Redacción |