
© Teresa Abelleira
Teresa Abelleira, premiada como futbolista revelación da tempada

Por Redacción
A progresión experimentada por Teresa Abelleira non pasou desapercibida para ninguén no mundo do fútbol, e é que tras unha existosa campaña de debut na máxima categoría co Deportivo deu o salto non só ao Real Madrid, senón tamén á Selección Española Absoluta, coa que debutou recentemente.
Así o recoñeceu o Diario Marca nos IV Premios de Fútbol Feminino, ao sinalar á pontevedresa como futbolista revelación da pasada tempada.
"Estoy muy contenta", sinalou Abelleira na retransmisión da gala agradecendo o galardón.
"Creo que es un premio que pudieron recibir muchas de mis compañeras del año pasado. Si me eligieron a mí fue por el gran año del equipo Es un premio de equipo", explicou a centrocampista do Real Madrid.
Precisamente con respecto ao seu salto ao equipo branco, asegurou que "es un orgullo formar parte del primer Real Madrid" porque "no lo puede decir cualquier jugadora".
¡Muy feliz de recibir este premio de @marca ! Muchas gracias
— Teresa Abelleira (@teresabelleira) November 30, 2020
A todas mis compañeras del año pasado, esto también es vuestro. El EQUIPO fue la revelación. pic.twitter.com/kGOxwPxjWs
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira debuta coa selección absoluta na goleada a Moldavia (10-0)
Por Almu Dapena |
-
Terceira convocatoria internacional consecutiva para Tere Abelleira, que aínda non debutou con España
Por Manu Otero |
-
Teresa Abelleira repite convocatoria coa Selección Española á espera do seu debut
Por Redacción |
-
Tere Abelleira, tras os seus primeiros días na Selección Española Absoluta: "Estar aquí es un sueño cumplido"
Por Diego Espiño |
-
Teresa Abelleira inicia oficialmente a súa etapa como xogadora do Real Madrid
Por Diego Espiño |