Boa imaxe a pesar da derrota do Poio Pescamar (1-3) fronte ao Burela Pescados Rubén
Por Redacción
Primeiro partido oficial para o Poio Pescamar, na tempada do seu debut na máxima categoría nacional do fútbol salga feminino, e estrea ao grande, nada máis e nada menos que fronte ao actual campión de Liga e Copa, o Burela Pescados Rubén. Era a primeira xornada da Copa Xunta, e as rapazas de Marcio Santos non decepcionaron a pesar da derrota lóxica fronte a un gran rival, deixando unha excelente imaxe aos seus seguidores, que case enchían as bancadas do pavillón da Seca.
O partido comezou con iniciativa do equipo lucense, que premía en toda a pista, provocando xogadas de perigo sempre ben neutralizadas por Silvia. O Poio arrepor, ata que o cansazo foi causando efecto nas locais e así pouco, antes do descanso, Mayte aproveita un roubo de balón para facer o primeiro gol.
As rojillas mantivéronse no partido con opcións ata mediada a segunda metade, cando un novo roubo por parte das lucenses supón o segundo tanto por medio de Lidia. Bea Mateos faría o terceiro pouco despois.
Marcio Santos utilizou o recurso de porteira-xogadora nos últimos seis minutos, conseguindo Elena reducir diferenzas cun gol que facía xustiza ás boas sensacións deixadas polo equipo local.
POIO PESCAMAR F.S. (1): Silvia, Claudia, Charo, Ceci, Elena -cinco inicial-, Yoli, Anita, Kiko, Paloma e Mar.
BURELA PESCADOS RUBÿN (3): Patricia, Lidia, Patricia Outeiro, Bea Mateos, Mayte -cinco inicial-, Claudia, Silvia, Lara e Marcela.
Árbitro: Araújo Vázquez.
Goles: (0-1) Minuto 17: Mayte. (0-2) Minuto 30: Lida. (0-3) Minuto 31: Bea Mateos. (1-3) Minuto 36: Elena.
Incidencias: Partido da Copa Xunta Galicia disputado no Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 400 afeccionados.