A natación pontevedresa prepara a súa primeira gran competición da tempada, o Nacional de Inverno
Por Redacción
Cita importante para a natación pontevedresa e nacional, que se prepara para a súa primeira gran competición da tempada co Campionato de España de Inverno en piscina de 25 metros que se celebrará do 20 ao 22 de novembro en Castelló.
Trátase do primeiro test de nivel en moitos casos para os deportistas que aspiran a conseguir a súa clasificación para os Xogos de Tokyo, pasaporte que se poñerá en xogo no Nacional Open de Primavera.
Entre eses nadadores atópase a pontevedresa Bea Gómez Cortés, que desde hai uns meses trasladouse a Asturias para preparase co CN Santa Olaya.
A deportista olímpica en Londres 2012 inscribiuse en tres probas no Campionato de España, as de 200 estilos e 400 e 800 libre.
Ademais en Castelló competirán dous representantes do Club Natación Galaico. Serán Antía García (50 libre e 50 bolboreta) e Daniel Sánchez (50 costas).
Relacionadas:
-
Primeira etapa do camiño cara a Tokio de Bea Gómez
Por Manu Otero |
-
Bea Gómez logra ouro e prata no campionato de España de natación en piscina curta disputado en Castelló
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Bea Gómez e Gaspar Andrade, vencedores do Campionato Galego de Natación en Augas Abertas no Pontillón
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Bea Gómez ficha polo CN Santa Olaya e múdase a Xixón para preparar o seu asalto aos Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |