A natación artística galega retoma a súa actividade en Pontevedra
Por Redacción
A piscina olímpica de Ponte Muíños, en Pontevedra, e tamén a do Real Club Náutico de Vigo foron escenario da volta da actividade competitiva na natación artística galega.
No caso de Pontevedra, o Complexo Deportivo Rías do Sur acolleu un control de nivel das categorías alevín I e II, benxamín e infantil onde participaron clubs de toda Galicia.
Entre os clubs participantes, ademais do Galaico Sincro e Club Sincro Pontevedra, participaron o Real Club Náutico de Vigo, Sincro Ourense, Sporting Club Casino da Coruña e Sincro Ferrol.
Estes controis de nivel supoñen un paso a superar para poder participar nos campionatos de España.
Segundo explicou tras a proba o Galaico Sincro, o club pontevedrés retomou a actividade coas súas categoría de base o pasado mes de xullo, chegando agora o fin a volta á competición tras este control de nivel e o levado a cabo o 24 de outubro en Ferrol.
Os seus próximos obxectivos, recoñecen, serán o Campionato Galego de Rutinas Júnior, a primeira xornada de liga de figuras de nivel e os campionatos de España de rutinas júnior e figuras de categorÍa infantil.
Relacionadas:
-
As promesas da sincronizada galega completan unha fin de semana de tecnificación en Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, convidada a un campus nacional de natación artística
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro retoma os seus adestramentos
Por Redacción |
-
Unha nadadora e unha adestradora do Galaico Sincro, convidadas ao Campus Ranking 30 Alevín da RFEN
Por Redacción |