Jesús Ramos: "Gustaríanos estar líderes na última xornada, estalo agora é anecdótico"
Por Manu Otero
O adestrador do Pontevedra, Jesús Ramos, compareceu en sala de prensa despois da vitoria do seu equipo fronte ao Celta B satisfeito co traballo realizado polos seus xogadores. "Estivemos moi ben durante sesenta ou setenta minutos. Controlando ao Celta, que é un equipo que sae iniciando desde atras e combina. Si que é verdade que polo seu talento e porque Pasarón é grande fíxosenos complicado", recoñeceu o técnico, contento porque "no aspecto de defender e contraatacar estivemos ben".
Máis preocupado mostrouse polo desenvolvemento da segunda parte. "Baixamos ese ritmo e esa intensidade porque non estamos aínda ao 100 % e eles cos cambios melloraron. É un equipo con calidade e provocáronnos situacións de perigo. Tiñamoss que pecharnos un pouquiño máis, aínda así tivemos dous contragolpes", admite o preparador.
Cuestionado sobre a falta de gol dos dous arietes do equipo, Charles e Rufo, Ramos defendeu que "nos xeran outras cousas para o resto do equipo. Somos capaces de asociarnos con eles por dentro, fixan aos centrais e libéranse máis os xogadores que xogan por fóra ou chegan de segunda liña", remarcou.
A pesar de que o equipo tivo que sufrir nos minutos finais para manter a vitoria, ao adestrador gustoulle "a verticalidade da primeira parte, esa presión en campo contrario e que estivemos moi concentrados todo o partido".
En referencia ao primeiro debido a que ocupa actualmente o Pontevedra na clasificación, Jesús Ramos quixo restarlle importancia. "Gustaríanos estár líderes na decimo oitava xornada, estalo agora é anecdótico. Temos que seguir evolucionando o noso modelo de xogo, isto é moi longo", matizou.
Pola súa banda, o adestrador do Celta B, Onésimo, admitiu que o seu equipo non entrou ben no partido pero que mediado o primeiro tempo melloraron e mesmo tiveron ocasión de adiantarse. "Cando mellor estabamos chegounos o gol por un erro noso", lamentou. Na segunda parte os celestes "cambiamos a nosa maneira de xogar e demos sensación de que podiamos sacar algo dun campo difícil", rematou.