Estrea con boas sensacións do Teucro feminino
Por Redacción
As 'guerreiras azuis' deixaron moi boas sensacións no triangular de presentación disputado no Pavillón Municipal, no que supón a volta á cancha de xogo do Teucro feminino 35 anos despois.
Baixo as ordes de Anxo Otero as rapazas protagonizaron unha positiva estrea ante dous rivais que se encontrarán esta tempada en liga como Lavadores e Rasoeiro.
As teucristas gañaron o seu primeiro encontro do triangular ante Lavadores e empataron o segundo contra o Rasoeiro, equipo que se levou finalmente o torneo despois do desempate a penaltis coas pontevedresas.
O Teucro feminino competirá o ano da súa volta en Primeira División Autonómica, categoría que conta con outros 13 equipos de Galicia e que arranca o fin de semana do sábado 21 e domingo 22 de setembro, no caso das azuis cun encontro a domicilio ante o Bueu Atlético.