Cun menos por expulsión de Munín o Arosa foi capaz de gañar (0-1) en Bouzas
Por Redacción
Moitas baixas no Rápido de Bouzas para o partido fronte ao Arosa. Ata seis xogadores titulares non puideron aliñarse debido a lesións e sancións, o que obrigou a Juan Carlos Andrés a buscar solución ás ausencias de Matos, Sestelo, Rubén, Jacobo, Uru e Chema, botando man dos máis novos do seu equipo.
O Arosa, pola súa banda, soubo aguantar o resultado, a pesar de xogar con 10 case toda a segunda parte, tras ser expulsado Munín. Mesmo en inferioridade foi capaz de anotar o tanto que lle daría unha merecida vitoria.
Nos primeiros minutos de xogo foi o Rápido quen intentou levar o peso, aínda que sen demasiado perigo, sobre a meta de Jorge. O Arosa si levaba perigo á contra, e así aos cinco minutos Eloy disparou tras plantarse ante Hortal. A resposta do Rápido non tardou en chegar, e Nando perdeu unha grande oportunidade ao entreterse na frontal da área.
O partido entrou nun período no que o xogo se desenvolveu no centro do campo. O Rápido intentábao, pero os seus esforzos estrelábanse na frontal da área arousana, que conseguía despexar o perigo.
A medida que se achegaba o final da primeira parte, ao Rápido comezaron a fallarlle as forzas para recuperar as posicións tras as xogadas do ataque, o que aproveitou o Arosa para crear perigo, pero Eloy volveu fallar ante Hortal, chegándose ao descanso coa igualdade inicial no marcador.
A segunda parte comezou coa expulsión de Munín, pero lonxe de conformarse con aguantar o empate o Arosa encontrou nun contragolpe, agora si, a Eloy que esta vez aproveitou para marcar o gol da vitoria. A partir de aí o Rápido non conseguía facer perigo, mentres o Arosa se defendía con moita orde.
Juan Carlos Andrés intentouno á desesperada deixando unha defensa de tres centrais e dándolle entrada a Jacobo, a pouco menos de media hora. A presión do Rápido fíxose constante á medida que se achegaba o final do encontro, aínda que sen fortuna. Os balóns altos ou ben eran atrapados polo porteiro ou sacados pola defensa arousana sen problemas. A última ocasión clara foi para Jacobo, a falta de dous minutos, cun disparo que desviou Jorge o xusto para que se fose a estrelar o pau.
RÁPIDO DE BOUZAS (0): Hortal; Javi (Jacobo, minuto 66), Cotilla, David Castro, Alexandre (Rubén, minuto 49), Gabi Misa, Pablo Fernández, Pablo García, Nando (Mintegui, minuto 76), Diz e Oki.
AROSA S.C. (1): Jorge; Juanjo, José Ángel, Martín, Munín, Rivas, Fernando (Ramón, minuto 70), Jesús, Quique Cubas (Jonathan, minuto 83), Adrián e Eloy (Alfonso, minuto 74).
Árbitro: José Leira Martínez (Lugo), auxiliado nas bandas por Martínez López y Jiménez Jiménez. Amonestou a Diz, Pablo García, Rivas, Ramón y Juanjo. Expulsou a Munín no minuto 47.
Goles: (0-1) Minuto 54: Eloy.
Incidencias: Campo Baltasar Pujales (Bouzas). Uns 300 espectadores.